Senderismo

Para o noso club o sendeirismo e una actividade deportiva nunca de competición, se non mais ben un estilo de vida saudable, onde toda a familia pode gozar dunha actividade en boa compañía, aproveitando o que o medio natural nos pode aportar, desfrutando das posibilidades que a natureza nos ofrece, en función da estación do ano na que se decida saír a gozar do medio natural.

Fomentando a participación interxeracional posto que poden participar dende os mais novos da casa ata os avós, sendo un dos poucos deportes que permite que calquer persoa indiferentemente da idade que teña podan gozar dunha actividade deportiva sen ter preparación previa, nin sexa necesario unha gran inversión, sendo esta unha actividade idónea para favorecer os hábitos saudables, e desta forma aproveitar para coñecer os  paraxes ben sexan deportivos, culturais como etnográficos.