Montaña
Cando falamos de montaña estamos referíndonos a actividades no medio natural, especialmente aquelas que se desenvolven en zonas consideradas de alta montaña. Os socios do club realizan todo tipo de actividades, dende marchas sinxelas por terreo de alta montaña, escalada clásica, actividades en terreo escarpado e crestas, montañismo invernal, alpinismo estival e invernal como corredores de xeo e neve, escalada en xeo, etc.
O Club de Montaña O Caxado soe organizar saídas para os seus socios ó longo de todo o ano a zonas consideradas de alta montaña a practicar montañismo e alpinismo.
As datas mais ou menos fixas nas que se soen organizar estas saídas soen coincidir coas pontes festivas ó longo do ano. Así sóense organizar saídas na ponte de carnavais, en semana santa e na ponte da constitución para realizar actividades de montañismo aptas para un público moi ampla que coñeza unhas técnicas básicas de progresión en montaña. Ademais, vense organizando unha fin de semana de alpinismo invernal a comezos da primavera ou finais do inverno para facer algunha actividade de alpinismo algo mais técnico que as saídas antes comentadas. E por último, na ponte do 15 de agosto organízase unha saída que pode mesturar actividades de montañismo e/ou alpinismo algo mais técnico.
Ademais destas datas, os socios organízanse para realizar actividades ó longo do ano, segundo vaian tendo dispoñibilidade e segundo a iniciativa de cada un.
HORARIO ROCODROMO Lunes Mercores Venres De 17:30h a 20:00h