Escalada

A escalada deportiva é unha disciplina deportiva que consiste en ascender por paredes de rocha ou outros releves verticais, previamente equipadas con seguros ou chapas que permiten ó escalador ir progresando ata o punto final da vía ou reunión.

Os rocódromos son salas deportivas preparadas para que se poida escalar sen necesidade de ir hasta a rocha. Deste modo podemos practicar a escalada independentemente da climatoloxía. Ademais, estas salas de escalada son ideais para facer adestramentos, aprender cousas novas ou para iniciarse no mundo da escalada, xa que temos controlados moitos mais factores que no medio natural.

A escalada e un dos principais reclamos para nenos/as, xa que a moitos lles chama a atención esta práctica ata o de agora descoñecida para a maior parte deles. O instinto de escalar é algo innato no ser humano. Dende tempos remotos o ser humano empregou técnicas de escalada para chegar ás copas das árbores para recoller os froitos, acadar un punto alto para ter mellor visibilidade, etc.

Esta actividade ademais pode reportar grandes beneficios. A escalada axuda a desenvolver a psicomotricidade, o equilibrio, a axilidade e axuda a desenvolver a flexibilidade e a superar a confianza e a autoestima, entre outros moitos beneficios.

No club de montaña practicamos a escalada en rocha nas zonas de escalada que dispoñemos preto de As Pontes como son a presa do Eume, As penas do Rei Mouro (Igrexafeita), a costa de Ferrol, etc e practicamos no rocódromo municipal de As Pontes. Ocasionalmente organizamos saídas a outros puntos repartidos pola xeografía galega, para practicar a escalada deportiva, tanto en rocha como en rocódromo.