Alta montaña

Alta montaña

Saída realizada

15 Socios desprazámonos a pasada ponte de Semana Santa ata o parque Rexional da Serra de Gredos na provincia de Ávila.


Alta montaña

Resumen da ruta

O xoves Santo marcouse como data de partida dende As Pontes. Saimos a media mañá para chegar a primeira hora da tarde á zona, dándonos tempo para facer unha pequena visita á cidade de Ávila e poder admirar a beleza das súas murallas. Tras a pequena parada na cidade de Ávila chegamos á vila de Navaluenga, onde nos aloxariamos os tres días. O lugar elixido foi o albergue “Serra de Gredos”.

O Venres decidimos facer unha ruta pola cara sur da Serra de Gredos,. O lugar de partida sería o parking de Nogal del Barranco. A ruta ascendía polo PR-AV-43, seguindo o curso da vertiente de os Galayos, nome que recibe do cordal que atoparemos á nosa dereita ó final do camiño. Seguiremos a ruta ata un desvío, no que tomamos o camiño antigo de subida ó refuxio victory a onde chega o PR-AV-43. Unha vez alí parariamos a comer algo e afrontar a última parte do ascenso ó pico La Mira. Mentres tanto, puidemos observar como varias cordadas de escaladores trataban de pelexar as paredes dos galayos para ascender ás múltiples vías de escalada clásica que posúen nas súas paredes. Tras esta parada, seguiríamos ascendendo en dirección o Gran Galayo ata alcanzar un collado no que viraríamos á esquerda para tomar a fácil parte final do ascenso ó pico La Mira (2.343 m). Dende o cumio teriamos unhas privilexiadas vistas cara o circo de Gredos cara o Oeste, presidido polo pico Almanzor, o máis alto do sistema central cos seus 2.591 metros de altitude e do val do Tietar cara o Sur. Tras tomar unhas fotografías descenderíamos de volta cara o refuxio victory: Desta volta fariamos o descenso polo PR-AV-43 seguindo as zetas de baixada ata o aparcamento.

O Sábado a ruta elixida sería o ascenso ó Pico Morezón dende a plataforma de Gredos. Dende este pico teriamos unhas vistas privilexiadas do circo de Gredos e da súa lagoa. Comezamos o ascenso, seguindo o camiño cara a lagoa grande de Gredos, tomando un desvío a esquerda para desviarnos da ruta da lagoa de Gredos e subir ata a parte Leste do circo de Gredos, onde se atopa o Pico Morezón (2.381 m). No camiño de ascenso puidemos ver un grupo de cabras montesas, no que incluso puidemos observar como dous machos pelexaban entre si. Rapidamente, seguindo o camiño alcanzamos o cumio do pico Morezón dende o cal puidemos observar, nunha atalaia inmellorable, o circo de Gredos. Como iamos ben de tempo, decidimos darlle unha volta á ruta prevista e desviarnos para descender ata o camiño da Lagoa grande de Gredos, bordeando esta ata chegar ó refuxio de Elola, onde puidemos desfrutar dunha cervexa ben fría. Tras a parada, voltamos polo camiño da Lagoa grande de Elola ata o parking da plataforma de Gredos onde deixamos os coches.

O domingo como non teriamos moito tempo para organizar unha actividade no parque rexional, decidimos acercarnos ata Chamartín e visitar o Castro da Mesa de Miranda e a necrópolis de Osera, no cal puidemos facer unha ruta corta duns tres quilómetros e desfrutar das ruínas deste castro pertencente a un antigo pobo Vetón. O Castro sitúase nun entorno natural rodeado de Aciñeiras, atopándose unha incluso que, segundo nos contou o garda do castro, podería ter ata preto de mil anos. Tras repoñer forzas no pobo de Chamartín, retomariamos o camiño de volta a casa dando por terminada a nosa aventura.